Rut Matilda Anderson foi unha fotógrafa norteamericana, que se iniciou no mundo da fotografía da man do seu pai, Alfred Theodore Anderson, un home de orixe norueguesa quen tiña un estudio en Kearney especializado en vistas e retratos.
Estudou Maxisterio na Escola Estatal do Profesorado de Nebraska, e malia que se graduou en 1915 nunca se dedicou ao ensino. Retomou os estudos na Universidade de Nebraska durante un semestre, e despois marchou a Nova York, diplomándose en 1919 na Escola de Fotografía Clarence H. White
En 1921, foi contratada por The Hispanic Society of America, recomendada pola propia Clarence White. Alí estivo baixo a supervisión do director, Archer Milton Huntington, actualizando as súas técnicas como fotógrafa e investigadora.
Comezou como fotógrafa do museo, e en 1922 foi nomeada conservadora de fotografía.
Fixo un par de viaxes por Galiza; do 29 de xullo de 1924 ao 28 de agosto de 1925; tamén voltou por Galiza do 14 de novembro de 1925 ao 31 de maio de 1926;
O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra realizou unha exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson sobre vestimentas galegas dos anos 20, acompañadas de vestimentas reais ou copiadas das orixinais e tamén se mostran elementos de traballo ou complementos utilizados na época .
A exposición presentou máis de 1.000 prendas, unha gran parte delas antigas ou reproducidas a partir de patróns e tecidos antigos acompañadas de ferramentas de traballo.
Presentou vellos oficios xa esquecidos, as feiras, as romarías, os traballos no mar, no campo ou na vida cotiá, leiteiras da comarca de Compostela reunidas na Rúa Nova ao amencer, as redeiras nos portos, os zoqueiros nas feira, as mulleres lavando ou transportando mercadorías na cabeza, entre outras situacións da vida rural galega de inicios do século XX.
Anderson captou a través da súa cámara as vestimentas daquel entón, a elegancia das mulleres en Muros, a roupa de faena, a representación do loito na vestimenta feminina ou os traxes de gala entre outros. A ourivería tradicional tamén espertou o interese da neoiorquina xunto cos pequenos detalles da roupa, os complementos ou os utensilios de traballo que formaban parte da estética diaria nas vilas e aldeas
22 Febreiro, 2024