O colectivo de Fotografía “OLLO DE VIDRO”, integrado na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, presenta esta exposición de fotografía que ten como tema xenérico “ A Liberdade”.
Cada persoa do colectivo fixo a súa interpretación deste concepto e plasmouno nunhas imaxes que reflicten as distintas maneiras de observar o mundo que nos rodea.
Con esta exposición queremos aportar unha reflexión acerca da necesidade, unha vez máis, de reivindicar este dereito básico de todas as persoas:
Liberdade de expresarse nos medios e recursos da cultura propia. Liberdade de imaxinar, crear, recrear, e expoñer a propia visón e maneiras de estar neste mundo.
Liberdade para poder denunciar e modificar as formas das culturas lesivas cos dereitos básicos.
Liberdade para rexeitar calquera discriminación en función da diversidade funcional, raza, sexo, etnia, crenza, opción sexual, lugar do mundo onde se nace, etc.
Liberdade para poder acceder a calquera información veraz e non manipulada polos múltiples medios de información intermediarios. Liberdade para reivindicar e exercer cantos dereitos básicos consideremos.
Dende a libre unión en unión libre
Por un mundo integral e multiétnico
En avanzada aberta, radical e libertaria,
Con raíces, porque as temos
Pero sen fronteiras, porque non as queremos, E polo diálogo das persoas e das ideas,
Das artes e das ciencias de vangarda.
Claudio Rodríguez Fer (Fragmento)