Fervenza das Hortas, Arzúa

Esta fervenza é coñecida como Fervenza das Hortas ou Fervenza de Santa Marta. É unha das máis espectaculares da provincia da Coruña.
A Fervenza das Hortas recibe a auga do regato chamado Rigueiro de Saímes que, un tramo máis abaixo, desemboca no río Ulla, e aporta a auga ao encoro do Salto de Touro.
Este regato marca o límite entre as parroquias de Turces, en Touro, e Dombadán, en Arzúa, polo que podemos dicir que a Fervenza das Hortas está situada nos dous concellos, Arzúa e Touro.
O nome de Fervenza das Hortas débese á proximidade ao lugar do mesmo nome, que pertence a Arzúa, este é o lugar dende o que está sinalizado e acondicionado o percorrido até a fervenza.
Esta fervenza supera os 25 metros de altura e forma outro conxunto de pequenas caídas que conforman un paisaxe especial, adornado con vexetación autóctona e de ribeira. A rocha que foi erosionado, ao longo de miles de anos, está formada por gneis e cuarcita
Como dixemos, a fervenza tamén é coñecida como Fervenza de Santa Marta, e isto débese a unha lenda. Esta cóntanos como unha amante quedou embarazada do seu mozo, pero cando se decatou do seu estado, rexeitouna. Nunha noite de “muíñada”, o noivo empuxouna dende o alto da fervenza co obxectivo de asasinala.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies