fervenzas de Somede

Estas fervenzas atópanse en San Mamede de Somede, ao norte do Concello das Pontes de García Rodriguez (A Coruña). Son un conxunto de cinco fervenzas ao longo dun percorrido de pouco máis dun quilómetro. Accédese desde a Aldea de Arriba, tomando como punto de partida a estrada das Pontes a Ortigueira. A mellor época para visitalas é no inverno, cando os ríos teñen un maior caudal; para o percorrido hai que ir equipado con calzado adecuado, pois o terreo está encharcado e esvaradío.
As fotografías foron tomadas o 3 de decembro de2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies