FOTO DE RUA

Desde hai tempo son afeccionada a facer foto de rúa. Non busco nada concreto, só gústame deambular polas rúas buscando esa luz, esa expresión, algo que me chama a atención, cousas sinxelas que ás veces nin nos decatamos, pero ao centrar a vista nelas, ao quitalas de contexto, adquiren unha nova dimensión, e é entón cando se produce o milagre, que algo ordinario transfórmase en extraordinario, Non fai falta ir a países exóticos, nin buscar razas distintas ou lugares excéntricos, tan só hai que baixar de casa, dar a volta á mazá, e observar, Como di o amigo Alberte Pereira, un dos meus referentes, é importante “ a deríva”, ou sexa,  camiñar polo feito de camiñar observando o mundo, sen buscar nada concreto, senón simplemente estar atento a esa luz, esa mirada, esa cor, iso que nos chame a atención e captalo. Estas foron realizadas nos últimos dous meses, na miña cidade, algunhas preto da miña casa, simplemente practicando a deríva.

 

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies