Fotos Manolo Graña e Poema de Uxío Novoneyra

Cousos do lobo

Cousos do lobo! Caborcos do xabarín!
Eidos soios, onde ninguén foi nin ha dir!—O lobo! Os ollos,
o lombo do lobo!…Baixa o lobo polo ollo do bosco
coma un sono…
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo nas follas dos carreiros
en busca de vagoada máis soia
e máis medosa…Rastrexa… rastrexa…
párase e venta…
finca a pouta, ergue a testa e oula cara o ceo
con toda a sombra da noite na boca…
Uxío Novoneyra: Os Eidos (1955)

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies