Unha visita a Dublín, non é o mesmo sen pasar por Kilmainham Gaol onde se pode facer un percorrido pola súa historia recente. O cárcere, aínda que inaugurado en 1796, cobrou especial protagonismo antes e pouco despois dos primeiros levantamentos na loita pola independencia e a fundación da República de Irlanda. Visitar as súas celdas aínda hoxe encolle o corazón.
A visita comeza na capela, na mesma na que Grace Gifford e Joseph Plunkett casaran pouco antes de que o último fose fusilado ao mencer. A partir de aí, é todo unha volta ao pasado, un camiño por corredores oscuros e fríos, pola historia, rematando no patio onde os principais lideres da Revolución verían o seu final.
O derradeiro prisioneiro data de 1924 e foi precisamente Eamon de Valera, o que sería presidente de Irlanda. Desde entón foi debidamente restaurado e hoxe é un museo que non deixa indiferente.