Cobla: Conxunto instrumental típico de Cataluña que toca sardanas.
“A cobla adoita estar formada por once músicos: un piccolo e un tamboril, dous tiples, dúas tenoras, dúas trompetas, dous fliscornos, un trombón e un contrabaixo”
LA COBLA MEDITERRÀNEA foi fundada en 1979 por un grupo de novos instrumentistas motivados polo afán de cultivar o lado máis cualitativo da música de cobla.
As sardanas, os bailes decimonónicos e a música sinfónica para cobla constituíron a base principal do programa de actividades durante os nosos 25 anos de existencia.
Distinguise por incorporar outro tipo de música ao repertorio, interpretando adaptacións para a nosa formación de obras renacentistas, de pequenas pezas de música clásica e mesmo arranxos de clásicos contemporáneos.