Made in Carballo

Derrubando Muros con Pintura é unha iniciativa de arte urbana que está a converter a Carballo nun auténtico museo ao aire libre. O proxecto quere curar con creatividade as feridas urbanísticas que, ao igual que en tantas vilas galegas, deixou o crecemento urbano dos anos 60 e 70. Xa pasan dos sesenta os traballos de diversos artistas internacionais, nacionais e locais que derruban muros con pintura en Carballo.

Ademais dos murais que se van creando ao longo do ano, cada mes de maio a vila celebra o Rexenera Fest, o primeiro festival de arte pública de Carballo. Grazas a esta cita, nomes de artistas que deixan o seu talento en verdadeiras obras de arte ao longo e ancho do mundo, tamén deixan pegada no pobo, sorprendendo a quen se anima a percorrer as rúas e os vai atopando en cada recuncho e á volta de cada esquina.

Dende o primeiro mural que, na primavera de 2014, inauguraron a italiana Roberta Venanzi e a manchega Paula Fraile, Carballo ten percorrido unha longa andaina para chegar á variedade de temas, cores, técnicas e espazos que seguen a transformar a urbe.
Texto: web Carballo a un Paso.

As fotos fixéronse os días 19 xulio 2014 e 12 agosto 2023.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies