Cando nos anos 70 e 80 falabamos de enerxías alternativas, solar e eólica eran paradigma das mesmas, pola factibilidade de promover o autoconsumo e a producción descentralizada; por ayudar a eliminar a dependencia do petróleo; por posibilitar a fin do monopolio das eléctricas e polo seu baixo impacto ambiental… Mas pasados mais de trinta anos, o único que fica é a capacidade para eliminar a dependencia dos combustibles fósiles, o resto de aspectos positivos son eliminados polo Sistema, para seguir a propiciar un gran negocio para uns poucos, implementando grandes parques de producción en territorios “periféricos” sensibles, ao máis puro estilo colonial. É por isto que o ecoloxismo, e parte da povoación que vai sendo consciente do que se lle vén enriba, oponse á masiva e indiscriminada ocupación do territorio (mesmo o teóricamente protexido) polos xigantescos viraventos, que non benefician aos habitantes do territorio, pero ocasionan graves problemas ambientais e de afectación ao patrimonio cultural. Eólicos si, mas non así!!
Esta pequena reportaxe refire a marcha organizada recentemente, coma tantas outras ao longo do país, por diferentes entidades sociais do Concello de Ferrol, nun dos territorios afectados: os montes de Brión.