O Modernismo chega á cidade en 1906, grazas ao arquitecto cubano Ricardo Boán y Callejas e ao arquitecto coruñés Antonio López Hernández, que importan ideas de Austria, Suiza e Alemaña. Inspíranse en revistas, catálogos e fotografías dos deseños do austríaco Otto Wagner e do belga Víctor Horta. Os deseños en ferro realízase na fundición local Wonemburger, de orixe belga.
Os rostros femininos que adornan estas casas inspíranse nunha dama inglesa, Eilizabeth Seadel, amante do pintor prerrafaelita Dante Gabriel Rossetti.