O mosteiro de Monfero sitúase na contorna das Fragas do Eume.
As súas orixes remóntanse ao século X, co cenobio ao pé dunha ermida adicada a San Marcos, favorecido polo rei Bermudo II . Sufríu o ataque dos viquingos, e foi reconstruido por Afonso VII no 1134 xunto con Afonso Bermúdez Conde e Pedro Osorio.
A finais da idade media, coa reforma dos Reis Católicos, anexiónase á Congregación de Castela, da que dependéu ata a exclaustración de 1835.
A reforma barroca dotóuno dunha interesante fachada onde se integra a pedra propia da zona (lousa) e o granito carrexado doutras áreas. No interior áchanse os interesantes sartegos dos cabaleiros da familia Andrade, que son testemuño palpábel da absorción da nobreza galega na órbita castelá.
A romaxe da Virxe da Cela celébrase no seu adro o primeiro domingo de xullo e conmemora o achádego dunha figura da virxe no Cal do Cela, nas proximidades do convento.
[FGAL id=2582]
Moi boa lembranza do mosteiro. Como gaiteiro de Raparigos toquei na festa da Cela, con misa en derruida igrexa e comidas familiares a carón das ruinas. Un capítulo anónimo da tradición popular levada por fondas raigames.
Xan R. Silvar