Este museo serve para complementar a visita ao Castro de Viladonga e caracterízase pola cantidade e calidade dos restos arqueolóxicos expostos. O recinto sitúase ao pé da muralla deste asentamento galaico-romano, e exhibe numerosos obxectos da vida cotiá desta vila de hai case 2.000 anos. Os seus fondos proceden das escavacións realizadas no lugar, das que se sacaron á luz multitude de pezas (armas, xogos, útiles de labranza, cerámicas, obxectos de decoración…).