Caamaño&Ameixeiras
Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) forman Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e ao baile de raíz.
Tomando como punto de partida a tradición, o dúo consegue crear unha linguaxe propia e única, con composicións e arranxos persoais e vivos que manteñen a esencia do popular incorporando recursos contemporáneos.
O último disco “Quitar o aire” está inspirado na ritoloxía popular galega. Un universo onde realidade e maxia conflúen para procurar respostas, para sandar e para celebrar a vida. Un mundo que sitúa no centro á tribo, á comunidade, entendida como unha rede de axuda para salvarse as unhas ás outras.