Seguramente, cando vexamos estas fotos dentro de vinte anos, sorprenderanos o aspecto dos viaxeiros, todos coa máscara. Aos fotógrafos de rúa cústanos moito facer fotografía nestes momentos, porque a falta de visibilidade do rostro dificúltanos enormemente o labor, sobre todo se buscamos unha fotografía humanista, que nos conte cousas do ser humano, das súas emocións, do que sente. Aínda que por sorte a parte do rostro máis expresiva que son os ollos, seguen aí. Déixovos aquí unha pequena mostra
27 Marzo, 2022