O TREN

Nos últimos post, faleivos de varios medios de transporte, metro, bus…, pero hai un que para min é o rei, e este é o tren. Desde que fai uns 7 ou 8 anos, descubrín o que era viaxar en tren cunha cámara, xa non deixei de facelo. Sempre que podo trasládome en tren, nin avión nin coche nin nada, en tren, ás veces tarda máis tempo, pero é un tempo que o gozo, que non miro o reloxo, todo o contrario, sempre me dá pena chegar ao meu destino. Permíteme moverme polos vagóns, entre a xente, velos soñar a través dos cristais das xanelas, alleos á miña presenza, ou simplemente lendo un libro. Encántame ver á xente lendo un libro nun tren. Só esa escena, xa me transmite paz. Poder cambiarche de asento… , bótoo moito de menos, no último ano evidentemente non puiden, pero espero que pronto poida volver a eses camiños de ferro.

 

 

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies