Unha mostra do que se atopa un cando sale pola rúa coa cámara.
[FGAL id=2567]
Unha mostra do que se atopa un cando sale pola rúa coa cámara.
[FGAL id=2567]
Eiquí vos mostro un dos capítulos de varios que iréi entregando, dende as salidas dos venres con os “fachons”, facendo cintura cos “chocos”, tirando do carro e petando nas portas dos vecinos para demandar os chupitos de licor café, ata o fin de festa no enterro da sardiña. E non faltaran, a “farrapada”, o día da “fariña”, o das “formigas enrravexadas”, o día da “misa e a bica”, e outras imaxes recollidas gracias a os xenerosos vecinos que me abriron todas as portas.
Este capítulo vai dedicado a orgullo con que visten o seu traxe de gala, e as carreiras provocadas para escoitar si o “peliqueiro” domina o son rítmico carecterístico dos seis “chocos”, tres femías e tres machos (son agudo e grave).
Si lles ofreces leite, ou un silla, votate a correr si non queres levar un fustigazo.
[FGAL id=2367]
A illa de San Simón, ao fondo da ría de Vigo, destaca pola súa longa historia que a enlaza con diferentes momentos do noso pasado. Inspiración de poetas medievais, escenario de diferentes batallas… sería empregada máis tarde como lazareto e finalmente como presidio na época da Guerra Civil.
Hoxe en día semella estar moi preto da costa, mais as fortes correntes e a súa extremada protección facían que fose case imposible fuxir sen un barco en condicións.
Foi moita a xente que pasou por ela, moitos os que nunca máis saíron. Cada ano a Iniciativa Galega pola Memoria organiza un acto de homenaxe a todos eles. Nos primeiros anos puidemos escoitar a memoria viva daqueles que sobreviviron e relataron a súa propia experiencia naqueles edificios fríos e ateigados. Estarrecedor.
O tempo pasa e esas voces xa se perderon. Hoxe en día continuamos a visitar a illa cada ano, continuamos a honrar a súa memoria, e a memoria de todas e todos os que xa non están.
O conxunto está formado por dúas illas, San Simón e Santo Antón, unidas por unha ponte. Na illa de Santo Antón pódese ver un pequeno cemiterio. Na de San Simón están as dependencias principais da illa, incluida unha escultura lembrando aos poetas medievais e unha capela na que na época da guerra forzaban aos presos a rezar.
[FGAL id=2543]
Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira
No ano 1978, a Escola de Gaitas de Ortigueira, crea este festival, dedicado á música folk dos países celtas. Y hoxe en día, 41 anos despóis, é o festival máis importante do xeu xénero, e de feito, desde o ano 2005 é declarado festa de interés turístico internacional. A zona do porto, convértese no epicentro do festival. Que demáis da música inclúe, artesanía, teatro e un sinfín de cousas máis.
Pero si na contorna portuaria pálpase o festival, no piñeiral e a Praia de Morouzos, sénte a vida,; baixo os arbores esténdese un territorio “ Quechua” , un manto multicolor con corpos en transito permanente. E teño que recoñecer que é a miña debilidad, pois é un pequeno universo en plena natureza, cheo de rastas, tatuaxes, sacos de durmir e moi bon rolo.
Deixovos uns exempliños de hai dous anos.
[FGAL id=2534]
O Monte Neme elévase 386 metros sobre o nivel do mar, xusto encima da PRAIA DE RAZO-BALDAIO, o segundo areal máis grande de Galicia. Este balcón natural entre os concellos coruñeses de Carballo e Malpica, é un lugar onde lendas e restos arqueolóxicos documentan a primitiva celebración de aquelarres de bruxas, e desde hai poucos anos, é unha canteira abandonada por unha desas empresas que “veñen, expolian, esnaquizan e márchanse”.
Nos anos da primeira Guerra Mundial iniciouse a extracción de wolframio (material de especial importancia a comezos do século XX polo seu uso como condutor da electricidade, e especialmente polo seu uso na industria militar para o endurecemento do aceiro). Segundo apuntan os documentos, a primeira concesión da mina para extraer wolframio e caolín dataría de 1923, aínda que segundo parece, a orixe sería polo menos anterior á primeira gran guerra, prorrogándose en sucesivas ocasións ata o ano 2012, ano no que a mina se abandona.
[FGAL id=2509]