Esta é a miña visión, do entroido 2019. As fotos foron feitas en Xinzo de Limia, Santiago e O Burgo
[FGAL id=2103]
Esta é a miña visión, do entroido 2019. As fotos foron feitas en Xinzo de Limia, Santiago e O Burgo
[FGAL id=2103]
CÁRCERE:
Construción: 1924-1927.
Arquitecto: Vicente Álvarez de Mendoza.
A planta do edificio segue o modelo penitenciario do s. XIX, combina a modelo panóptico e o celular: consistente nun recinto central de vixilancia ao redor do cal distribúense as galerías de forma radial. Fíxose unha reforma en 1967, data na que se instalaron aseos nas celas.
1997 o cárcere foi trasladado a Teixeiro.
Desde 1936 e durante o franquismo serviu como centro de reclusión político producíndose unha masificación de presos o que provocou o empeoramento das súas condicións de vida.
Cárcere vello da Coruña
Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 43, 15002 A Coruña
Coordenadas: 43,3827760, -8,4041591
[FGAL id=1768]
Os fractales existen na natureza, como poden ser as nubes, unha coliflor ou calquera obxecto que ao rompelo siga mantendo a mesma estrutura. Son termos matemáticos iniciados nos anos 70 por Benoît Mandelbrot. os que se poden ver aquí foron xerados utilizando o programa Mandelbul3D
[FGAL id=2111]
XERMOLOS DA PAZ E LIBERDADE:
Inaugurado en 2010 a instancias da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
Escultor: Xosé Val Díaz.
Situado no Paseo Marítimo á altura da avenida de Navarra.
O monumento consta de 5 grandes lousas de granito que simulan a forma dunha estrela de cinco puntas, nelas están inscritos os nomes dos 600 asasinados durante a Guerra Civil e os anos da represión franquista na Coruña e os concellos de Cambre, Arteixo, Culleredo, Carral, Oleiros, Sada, Betanzos, Bergondo e Abegondo.
XERMOLOS DA PAZ E LIBERDADE
Cerca de Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 25D, 15002 A Coruña
Coordenadas: 43,3814309, -8,3996648
[FGAL id=2054]
Bergondiño (Bergondo, A Coruña) ten un microclima especial.
[FGAL id=1664]