Alí estivemos

Alí estivemos

Con motivo da visita de Fidel Castro a Porto, o 17 de outubro de 1998, a Associacion de Amizade de Portugal organizou unha gran manifestación de apoio a Cuba que discorreu, nunha tarde chuviosa, polas rúas da cidade.

Ben entrada a noite estaba previsto un acto de apoio a Cuba no Palacio de Congressos de Matosinhos coa asistencia, non confirmada, de Fidel Castro e outros compañeiros entre eles o recen nomeado premio Nobel de Literatura José Saramago.

“Alí estivemos” e recibimos a Fidel Castro nun Palacio desbordado de xente. Escoitamos por máis de tres horas o discurso de Fidel (e sen un grolo de auga). Saímos sobre as 4.00 da mañá.

[FGAL id=2469]

Viaxando no FEVE

Coller o FEVE é adentrarse nunha aventura. Se temos a sorte de que o percorrido é completo e o estado das vías non obriga a cambios, visitamos diferentes aldeas, pasamos á beira do mar, no medio do monte, e mesmo partillamos as vivencias desas mulleres e homes que empregan esta vella ruta de vía estreita para ir aos lugares de traballo, mercados ou mesmo estudos, e fan do tren o seu elemento de comunicación habitual. Son oito horas de traxecto de Oviedo a Ferrol, que paga a pena probar. Experimentar esa cercanía dos trens de antes, e desconectar… porque está claro que non hai presa.

[FGAL id=2456]

FESTIVAL DA LUZ

Froito da colaboración entre Luz Casal e  o Concello de  Boimorto , naceu en 2012, o festival da luz. Na súa terra natal e con fins benéficos celébrase cada ano, este festival no que non só hai música, senón gastronomía,  teatro, actividades para nenos e arte en xeral. Entón, ano tras ano veñen persoas de todas as idades, familias, mozos, persoas maiores, todas teñen un lugar alí. Eu vou todos os anos e, ademais da música, fotografei a atmosfera e a parte máis humana do festival. Déixovos unha pequena selección.

[FGAL id=2433]

Monumento aos fusilados en Pontevedra, espazos da memoria

Conxunto escultórico en memoria dos dez fusilados o 12 de novembro de 1936 en Pontevedra.

Este conxunto ten como motivación, segundo o alcalde, “que siga viva a súa memoria, para que a intolerancia e a barbarie nunca máis poidan tronzar os anceios de paz e para que o seu exemplo nos axude a construír un futuro de xustiza e de prosperidade para todos”.

O escultor foi, Sergio Portela. Na base está representada unha fada, da mitoloxía celta, que realiza labores de mediadora entre os vivos e os mortos.

Situación do monumento

42.428513, -8.634108

Rua Jose Malvar Figueroa, 1, 36002 Pontevedra

http://mapcoordinates.co.nf/?q=42.428513,-8.634108

 

Non nos doen os acordos,

dóenos ter que calar,

dóenos o silencio baleiro,

dóenos a mordaza íntima

que non nos deixa vivir o momento presente,

dóenos botar do corazón a vida que soñamos,

dóennos os enterros en terra morta,

descoñecida, sen nome,

dóenos cando nos fan esquecer

aos que enterraron vivos.

 

[FGAL id=2297]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies