Casa Bailly

O complexo foi creado polos arquitectos Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés nos anos 20 por encargo de Xullo López Bailly, pai dunha familia galega acomodada que posuía varias fábricas en Arxentina. Residentes en Madrid, decidiron construír esta casa, concibida en principio como hotel e utilizada finalmente como lugar de veraneo.
Estes eran descendentes dun soldado das tropas de Napoleón, asentados en terras galegas, e cunha boa posición social na Coruña.

[FGAL id=1821]

CURTIS NA LEMBRANZA

” Rememorando as feiras de 1900″

Como cada ano, o último fin de semana de Xullo, todos os veciños e comerciantes de Curtis, engalánanse e engalanan as súas casas, para lembrar aquelas feiras de primeiros de século. Unha bonita festa, que conta coa implicación de todos os habitantes, para lograr ese clima de outrora.

 

 

[FGAL id=1942]

Espazos da memoria, presentación

ESPAZOS DA MEMORIA
Espazos da Memoria, pretende mostrar aqueles espazos e ou monumentos de singular importancia para a nosa memoria histórica.
Móstranse imaxes, localizacións e indicacións que faciliten a súa visita, para contribuír á reflexión e a evitar o esquecemento de feitos que trouxeron morte e sufrimento, pero tamén miseria económica, política, social e cultural.
Tempos que non desexamos que volvan.

[FGAL id=1678]

Viaxe a Catalunya

[FGAL id=1915]

O lazo foi un signo de reivindicación en varios periodos da Historia, tanto para temas relacionados con enfermidades como en guerras, castástrofes, desaparicións de persoas ou inxustizas por motivos políticos.

En occidente a  cor amarela ten un valor negativo: febre amarela, prensa, sindicatos,.. os actores e actrices soen evitar esta cor nas súas representacións. Sen embargo, en oriente considérase a cor da sabiduría e da cultura.

Durante a Guerra de Sucesión Española (1700-1714) os defensores dos Habsburgo (fundamentalmente a Coroa de Aragón) luciron lazos de cor amarela nos seus chapeus, mentres que os seguidores dos Borbóns (a Coroa de Castela) levábanos de cor azul.

En Cataluña a partir da declaración da República (2017) e o encarceramento de líderes políticos tomouse este símbolo como reivindicación para a súa posta en liberdade. O lazo loce en innumerables edificios, prazas, rúas e nas solapas de moitos cataláns e catalanas.

Próximamente iníciase (12-2-2019) o xuízo dos políticos encarcelados

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies