Situado nunha loma, dunha altura máxima de 60 metros sobre o nivel do mar, o parque de Santa Margarita é o de maior superficie dentro da Coruña. A súa masa arbórea inclúe preto de 70 especies. Durante a última semana de agosto celébrase a Romaría de Santa Margarita. Entre as súas instalacións atópase a Casa das Ciencias, parque de xogos infantil, mesas de pedra para comer, un estanque e un anfiteatro onde no verán teñen lugar actuacións musicais e ao longo de todo o ano podemos ver a veciñanza practicando o voleibol.
