É un gran dolmen de corredor, situado no límite dos municipios de Vimianzo e Dumbría.
Alcanza unha lonxitude total de 7,50 m, dos cales 3,80 m pertencen á cámara e o resto ao corredor. Da súa cámara poligonal conserva seis ortóstatos, faltando unicamente o da cabeceira, polo que a primeira vista parece que por este lado está a entrada.
Sen embargo ten unido un corredor de dous tramos, parcialmente tapado polo túmulo, do que se conservan as dúas cubertas, de grandes dimensións, ao igual que ocorre coa lousa de cobertura da cámara, que case seguro é a pedra de maior peso conservada nos dolmens galegos.
[FGAL id=3380]