Como o seu nome indica, o Pedregal de Irimia está formado por unha morena, unha gran cantidade de pedras depositadas ao longo de miles de anos pola acción dun glaciar. É unha morena periglacial composta maioritariamente por cuarcita que se orixinou hai entre 10.000 e 20.000 anos.
O Pedregal de Irimia está situado no concello de Meira, en plena Serra de Meira. Atópase a máis de 700 metros de altitude.
Considérase que nace neste lugar o río Miño, que flúe e escoitase debaixo das pedras da morena e pouco despois sae á superficie. Non tarda en recibir auga de varios regatos para despois pasar por Meira.
A continuación entra na vila da Pastoriza e é alí onde se xunta coas augas minerais da Lagoa de Fonmiñá e continua até a súa desembocadura no Atlantico.