PORCO CELTA

A RAZA PORCO CELTA

A raza Porco Celta era a raza porcina máis importante en Galicia ata comezos do pasado século, iniciándose a partir dos anos cincuenta unha importante redución censual debida principalmente á importación doutras razas cuxo crecemento era máis rápido e tiñan un maior rendemento. Así, en 1951 só o 14% dos porcos en Galicia eran de raza Porco Celta, chegando posteriormente case á súa desaparición no territorio galego. Os animais que coñecemos como “Porco Celta” non corresponden unicamente a unha soa raza, senón a distintas agrupacións raciais orixinadas desde un tronco común, o tronco Celta, sendo o Chato Vitoriano e o Porco Celta galego os máis representativos. A asociación de criadores de gando porcino Celta (ASOPORCEL), creouse o 19 de xaneiro de 1999, sendo o 24 de marzo dese mesmo ano recoñecida como asociación de ámbito autonómico. ASOPORCEL é a única entidade recoñecida oficialmente como xestora do libro xenealóxico da raza Porco Celta, mediante o Decreto 149/2011 do 7 de xullo da Xunta de Galicia e actualmente ten ámbito nacional.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies