Quen somos Ollo de vidro AB

OLLO DE VIDRO AB (Ollo de vidro – Alexandre Bóveda) é un colectivo de fotografía e imaxe fundado en 1985, integrado na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e, aínda que conta cunha longa traxectoria nesta cidade, inicia unha nova andaina, sabedor da importancia que teñen a imaxe, as novas tecnoloxías e a fotografía en particular, na sociedade que nos tocou vivir, tanto como expresión artística como medio de expresión de ideas, situacións e sentimentos.

Comprometémonos coa cultura e a lingua de Galiza, dende as diversas maneiras de fluír creativas, no xeito de vivir e de sentir da nosa xente; sempre en conciliación solidaria coas diversas culturas e s distintas maneiras de entender e de estar no mundo.

As actividade do colectivo centrarase no eido da imaxe e a linguaxe creativa, en todos os seus aspectos, especialmente aplicados na fotografía.

A participación no colectivo e nas súas actividades, está aberta a tódalas persoas interesadas que partillen o noso plantexamento.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies