Refinería da Coruña

Wikipedia:
A refinería da Coruña é unha infraestrutura petrolífera situada entre os municipios de Arteixo e A Coruña.1​ As instalacións son propiedade de Repsol, con sede en Madrid, e teñen unha capacidade de refino de 120 000 barrís por día e unha superficie dunhas 150 hectáreas.

En 1961 o Ministerio de Industria autorizou a Marathon Oil Company e á Compañía Ibérica Refinadora de Petróleos, S.A. (Petroliber) a construción dunha refinería de petróleo no norte de España.2​ En 1962 decídese construíla na Coruña. As regulacións de 1964 suxeriron unha distancia mínima de 2000 metros ata o centro de poboación máis próximo. Ese terreo baldío que separaba a refinería da cidade da Coruña sería o futuro polígono da Grela. En sucesivas ampliacións, a refinería chegou ao municipio de Arteixo. A refinería foi inaugurada o 11 de setembro de 1964.

En 1985 as instalacións pasaron a mans da estatal ENPETROL, que ese mesmo ano absorbera a Petroliber.3​4​ Cruzando a cidade desde o porto ata a refinería hai 14 tubaxes cun diámetro de 15 cm a 60 cm. Un oleoduto de 6,5 km que atravesa a cidade para levar petróleo do porto á refinería e produtos refinados da refinería ao porto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies