Roncudo

O nome de Roncudo vén do rouco ruído que fai o vento e mar cando bate nestes cantís. 

O faro foi construído en 1920 e ten unha altura de 11 metros,  o entorno está rodeado de pedras de granito e unha paisaxe agreste.  As panorámicas da ría de Corme e Laxe completan o conxunto.

Esta forza do mar e as características das augas fan que estas rochas sexan o lugar ideal para o famoso percebe do Roncudo, considerado o máis saboroso de Galicia e que é extraído por persoas percebeiras, que loitan nestas condicións extremas e das que ás veces saen mal paradas,como indican as cruces que se ven xunto ao Faro.

No Roncudo remataron os seus días moitos barcos que navegaban por estas augas e que non foron capaces de sobrevivir á Costa da Morte.  Moitos deses naufraxios deron nome ás pedras que rodean o faro.  Debaixo das cruces está o Petón do Millo, rocha na que naufragou un barco cargado de millo e alimentou a toda a poboación durante meses.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies