SALGADEIRA DE MOREIRAS, SAN VICENTE DO GROVE

A enseada de Moreiras, en San Vicente do Mar foi, desde finais do século XVIII ata mediados do XX, unha importante zona de asentamento dos empresarios cataláns, que se adicaron á industria da salgadura de sardiña.

A Salgadeira de Moreiras é a instalación fabril  máis antiga,  está consolidada e dotada dos elementos necesarios para o seu funcionamento como fábrica de salgadura. Permanece continuamente aberta e a súa entrada é libre. Os procesos que alí se realizaban para conservar a sardiña en salmoira están explicados en paneis situados nas correspondentes seccións desta instalación.

Nela deixaron a vida moitas mulleres, traballando en condicións laborais moi duras e inxustas.

 

Salgadoras do Salnés

non salgades para vos.

No corpo o frío do inverno,

na pel o sal salgado,

no sentimento os amores.

No bico un cantar,

unhas veces ledo

outras veces con rabia,

case sempre triste.

Deixa un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies