Á tardiña pousan as Garzas cinzentas no bico das árvores, no pozo das Lixelas. Polo día campan pola ría á procura da mantenta e, xá satisfeitas, enféitanse e arranxan para pasar a noite no abeiro das Brañas de Sada. O seu aspecto lizgairo, o seu andar pousón e a súa sobria fardamenta, dánlles un aquel elegante e distinguido. Velaí vai unha escolla da última sesión fotográfica que partillamos no pasado domingo.
Etiqueta: aves
Andoriñas I
Andoriña nova que voóu… cada ano visítannos, alédannos o vran co seu ir e vir inquedo, co seu vó áxil, acrobático. En chegando setembro, coa rolada iniciándose na arte de voar e a cebarse a eito, arránxanse para á longa marcha cara Sul. Son estas fotos dos derradeiros días da súa estadía. Agardámolas para o vindeiro ano!
[FGAL id=2964]
