“Tres Hombres” en Ares.

Tres Hombres é leva o nome de tres amigos que iniciaron enerxicamente un novo movemento de transporte marítimo limpo en 2007. Conecta o roteiro do bergantín sen motor Tres Hombres de América do Sur, Central e do Norte e Europa. Transporta mercadorías sostibles, orgánicas e de produción tradicional e converteuse nun brillante exemplo de transporte alternativo e de todo o movemento de transporte de mercadorías. Hoxe é embaixador mundial do transporte de mercadorías a vela e transporta ata 40 toneladas dos produtos producidos e comercializados de forma xusta.
Bos exemplos disto son o ron Tres Hombres, o cacao, o café e o aceite de oliva!

O barco estivo fondeado varios días en decembro de 2024 en Ares, onde se tomaron estas fotografías; posteriormente seguiu a súa singradura rumbo á illa da Palma, Canarias.

Para máis información ver a web da compañía Fairtransport, propietaria do “Tres Hombres”: https://fairtransport.eu/en/our-fleet/tres-hombres-2/

Independence of the Seas

Se un paséase polo peirao de transatlánticos do porto da Coruña pode facer fotos como estas.
O Independence of the Seas é un barco cruceiro de clase Liberdade operado pola liña de cruceiros Royal Caribbean, o cal entrou en servizo en abril de 2008. O barco de 15 cubertas pode acomodar 4,370 pasaxeiros e está servido por 1,360 tripulantes. O barco foi construído no estaleiro Aker Finnyards Turku, Finlandia O cruceiro ten339 m de lonxitude, e alcanza unha velocidade de 21.6 nós (40.0 km/ h). O barco opera en Fort Lauderdale, Florida durante Outono e Inverno e en Southampton, Inglaterra durante os meses de Primavera e Verán.​
O Independence of the Seas é o terceiro barco da clase Liberdade. En outubro de 2009, o Oasis of the Seas, o primeiro barco da clase Oasis, que iniciou a súa primeira viaxe o 1 de novembro de 2009, desprazou á clase Liberdade como o barco de pasaxeiro máis grande do mun

do.(Wikipedia)

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies