Museo de Camelle 2

No transcurso dunha viaxe en moto polas rías galegas, que fixen aló polo remoto 1979, coñecín a Manfred Gnäedinger, Man, o alemán de Camelle.

Tiven a boa sorte de ingresar na reducida confraría dos “visitantes” cos que partillaba o seu lar, o pequecho e curioso cabanucho a pé do mar da Costa da Morte.
Abraioume de tal xeito aquel espazo onírico, as irtas esculturas desafiando a bravura daquel mar, que axiña argallei a posibilidade de realizar un diaporama sobre o singular Museo. Cursaba eu daquela Belas Artes en Madrid así que, a maiores, pensei en apresentar tal diaporama como parte do meu traballo de licenciatura.

Volvín moitas veces máis a visitalo, a seguir documentando a súa obra e cultivando a nosa amizade. As imaxes que seguen, forman parte daquel primixénio diaporama que realicéi no Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos, entre setembro e abril do 1980-81, grazas á equipa que amavelmente me cedera Xosé Díaz Arias.

O Museo de Camelle 1

No transcurso dunha viaxe en moto polas rías galegas, que fixen aló polo remoto 1979, coñecín a Manfred Gnäedinger, Man, o alemán de Camelle.

Tiven a boa sorte de ingresar na reducida confraría dos “visitantes” cos que partillaba o seu lar, o pequecho e curioso cabanucho a pé do mar da Costa da Morte.
Abraioume de tal xeito aquel espazo onírico, as irtas esculturas desafiando a bravura daquel mar, que axiña argallei a posibilidade de realizar un diaporama sobre o singular Museo.
Cursaba eu daquela Belas Artes en Madrid así que, a maiores, pensei en apresentar tal diaporama como parte do meu traballo de licenciatura.

Volvín moitas veces máis a visitalo, a seguir documentando a súa obra e cultivando a nosa amizade. As imaxes que seguen, son parte das que conformaron o diaporama mencionado.

[FGAL id=4297]

FAROS DA COSTA DA MORTE: FARO DE CAMARIÑAS

CANTIGA

Camariñas
Luar na Lubre

Ao pasar por Camariñas
Por Camariñas, cantando
Ao pasar por Camariñas
Por Camariñas, cantando

As nenas de Camariñas
Quedan no río lavando
As nenas de Camariñas
Quedan no río lavando

Camariñas, Camariñas
Xa me vas camariñando
Camariñas, Camariñas
Xa me vas camariñando

Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando
Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando

Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando
Por unha de Camariñas
Vivo no mundo penando

[FGAL id=3207]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies