Levaba eu pouco tempo coa miña primeira cámara fotográfica, a vella Asahi Pentax Spotmatic II, que aínda atesouro e que, no Nadal do 72, tiveran a ben agasallarenme os meus pais.
As imaxes que seguem foron das primeiras instantáneas que tirei, nunha saída fotográfica co meu irmán Xan, quen me “picara” o bicho da fotografía (como de tantas outras cousas)… Van xá aló a tira de anos, mas teño para mín que son estas das mellores tomas que nunca fixen.
A Rapa das bestas de Candaoso, nos montes do Buio, en Boimente, era unha desas tradicións, de recente recuperación, que sentiamos nos levaba á cerna da cultura do país, ao máis auténtico de noso.
Para máis información: https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-lu-000008/a-rapa-das-bestas-de-candaoso?langId=gl_ES&ctre=261&tp=97