Aýna, que non é pouco
Aýna é un municipio da provincia de Albacete. Situado na serra do Segura. O Concello de Aýna adoptou o slogan turístico A Suíza Manchega. Predomina a súa gran cantidade de vexetación, a súa beleza pintoresca –está situada na ribeira do río Mundo. Especialmente reseñable é o roteiro de Amanece, Que No Es Poco, película de José Luis Cuerda, rodada parte dela en Aýna, onde se poden visitar os lugares e escenarios nos que se filmaron varias escenas.
