MOLLADURAS ( DESCARTES )

O pasado mes de setembro o meu amigo Gerardo e mais eu fixemos unha exposición no Atelier de Fotografia. A materia: molladuras. Foron moitas as fotos recollidas durante un ano, e moitas foron as que, por razóns obvias, quedaron fóra da exposición. Aquí tedes un exemplo dalgúns descartes:

CHOIVA E PARAUGAS

Choiva e paraugas A choiva parece que nos deixa definitivamente, até o próximo inverno, aínda que isto é Galicia, nunca nos deixa de todo, en calquera momento acompáñanos o froallo, ou se tira dous dias zarzallando. De calquera modo, a choiva e os paraugas ponme melancólica e inspíranme para facer estas cousas.       …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies