Santa Margarida, illa de natureza na cidade

Achégase o outono, as follas caen, os camiños vístense de amarelo, laranxa… natureza morta, e fuximos da realidade cotiá entre os muros do verdadeiro remanso de paz da cidade. Son camiños de pedra, vellos edificios, mais sobre todo, nestas datas, silenzo e baleiro. Perdémonos por eses camiños e temos a certeza de que, aínda que na cidade, estamos a facer unha viaxe, e percibimos o cambio de estación con toda a súa forza.

[FGAL id=3800]

Xentes en pedra, xentes en metal

Temos certa tendencia a querer replicar a imaxe humana, a imaxe animal, calquera imaxe… e tiramos do material do momento, sexa pedra, metal… ou mesmo barro. Esas imaxes xa se converteron en compañeiras na cidade, aquelas coas que sentamos a “conversar” nun banco, aquelas que son referentes do punto de encontro. Desde o seu lugar, inmóviles, vixían o noso devagar. Diferentes cidades, diferentes motivos… mais todas presentes.

[FGAL id=3759]

E nisto que a vida seguía….

E un día… un día pisamos a rúa novamente, e ao camiñar por aqueles sendeiros, longamente esquecidos, puidemos comprobar que a vida seguira sen nós. As árbores enchéranse de follas, os ríos fluían, medrara a maleza… mais tamén a natureza máis fermosa. A vida seguía. A vida seguira e seguira sen nós. Recuperamos a liberdade, e con ela a sensación do aire na pel, a longa contemplación da paisaxe. E amodiño, sen apenas nos decatar, fomos recuperando o ritmo da vida.

[FGAL id=3600]

 

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies