Rolada de Falcón Peregrino

Código Ético de Afoan

O principio fundamental na FOTOGRAFÍA DA NATUREZA é que o respecto pola natureza e o benestar do suxeito prevalecen sempre sobre a obtención dunha fotografía.
  • Prioridade ao benestar: A seguridade e a tranquilidade dos animais ou das plantas priman ante a obtención da foto. Deben evitarse o estrés, os danos ou a alteración do comportamento natural.
  • Reflexo fiel da realidade: As imaxes deben amosar situacións naturais. En caso de fotografar especies en cautividade, manipuladas ou plantas cultivadas, débese indicalo.
  • Coñecemento do medio: O fotógrafo debe documentarse sobre as especies e os seus ciclos vitais (épocas de cría, reprodución ou niñificación) para non interferir no desenvolvemento natural dos acontecementos.
  • Respecto á fauna salvaxe:
      • Traballar preferentemente con exemplares libres no seu medio.
      • Non interpoñerse nunca entre os proxenitores e a súa descendencia, para evitar que as abandonen ou interrumpan a crianza da rolada.
      • Non utilizar reclamos sonoros ou trucos para atraer os animais.
      • Non achegarse demasiado a niños, tobas ou zonas de reprodución.

  • Coidado da flora e do hábitat: Evitar manipular, arrincar ou alterar a vexetación ou elementos do terreo.
  • Prohibición de traslados: Non se deben capturar animais ou plantas para traslocalos a outro lugar, salvo excepcións científicas moi xustificadas e autorizadas.
  • Responsabilidade legal e permisos: Obter sempre as autorizacións necesarias cando se traballa en espazos naturais protexidos ou propiedades privadas.
  • Honestidade informativa: Non ocultar manipulacións excesivas de edición que alteren a verdade biolóxica ou xeográfica da escena.

Estas imaxes foron tomadas a unha distancia segura do niño e dende un agocho camuflado, para evitar a alarma e o estrés dos animais.

Non se cita a localización por seguridade e evitar o expolio de ovos ou crías.

Código Ético de Afoan

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies