Xentes en pedra, xentes en metal

Temos certa tendencia a querer replicar a imaxe humana, a imaxe animal, calquera imaxe… e tiramos do material do momento, sexa pedra, metal… ou mesmo barro. Esas imaxes xa se converteron en compañeiras na cidade, aquelas coas que sentamos a “conversar” nun banco, aquelas que son referentes do punto de encontro. Desde o seu lugar, inmóviles, vixían o noso devagar. Diferentes cidades, diferentes motivos… mais todas presentes.

[FGAL id=3759]

Kilmainham Gaol

Unha visita a Dublín, non é o mesmo sen pasar por Kilmainham Gaol onde se pode facer un percorrido pola súa historia recente. O cárcere, aínda que inaugurado en 1796, cobrou especial protagonismo antes e pouco despois dos primeiros levantamentos na loita pola independencia e a fundación da República de Irlanda. Visitar as súas celdas aínda hoxe encolle o corazón.

A visita comeza na capela, na mesma na que Grace Gifford e Joseph Plunkett casaran pouco antes de que o último fose fusilado ao mencer. A partir de aí, é todo unha volta ao pasado, un camiño por corredores oscuros e fríos, pola historia, rematando no patio onde os principais lideres da Revolución verían o seu final.

O derradeiro prisioneiro data de 1924 e foi precisamente Eamon de Valera, o que sería presidente de Irlanda. Desde entón foi debidamente restaurado e hoxe é un museo que non deixa indiferente.

[FGAL id=3008]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies