Xente Miúda 2

Rebule a vida no xardín, na horta, na camposa, no arboredo e, facendo un alto no bule bule cotián, apaño unha presada de retratos dalgúns deses nosos montaraces viciños: son a xente miúda, esa que vive ao seu, no seu inmenso mundo paralelo.

Un microcosmo que só percebemos cando, inopinadamente, paramos no ir e vir da nosa acelerada existencia e, daquela, abráianos coa súa variedade e beleza.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies