MONFERO II

Non foi onte un día solloso na Romaxe da Virxe da Cela, ben mais orballento e fresco, que non deu para moito rexistro fotográfico, así que rescato imaxes (arquitectura popular, o barroco do Convento, os sartegos medievais dos Andrade, e o cadróu) de hai exatamente dez anos, para conmemorar o día da padroa de Monfero, é boa ocasión para desempoiralas!

 

O Naseiro, 1992.

Outravolta ao pasado, mais de trinta anos a ceacú, fins de agosto, nunha das romarías de mais sona do país: O Naseiro, á beira do Landro, na terra norteña de Viveiro, apreixada cunha ollada “alternativa”.

Disimulade a qualidade das imaxes!: van tiradas dunhas vellas diapositivas, atacadas de mofos… un mal endémico).

 

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies