IV FESTIVAL FOLK DE SISALDE

IV Festival Folk de Sisalde

A cuarta edición do Festival Folk de Sisalde consolídase como unha romaría interxeracional onde o bo ambiente, a música e a variedade de postos de alimentación e artesanías lograron reunir a máis de tres mil persoas.

Nunha contorna incomparable como é a fraga de Sisalde, o festival comezou ao mediodía e estendeuse ata preto das dúas da madrugada. A choiva rexistrada antes das principais actuacións musicais nocturnas non detivo a festa. Miles de persoas agardaron baixo unha enorme carpa situada fronte ao escenario para gozar dos grupos.

O ambiente deste festival é o dunha romaría interxeracional onde desde os máis pequenos ata as persoas máis maiores poden gozar.

Actuaron : Luar na Lubre, Astarot e D’Urria como grupos principais.

Neste festival tamén tocarán as bandas de gaitas de Abelladeira e de Vega de Espinareda, ademais da Asociación Xiradela e a Asociación Cultural Triskell. A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Chamín-Sorrizo, xunto ao Concello de Arteixo e a Deputación, organizan este evento musical.

ASTAROT

ASTAROT

O grupo Galego Astarot fúndase no ano 1983 en Cangas do Morrazo (Galicia,España) por Carlos Gandón formado por catro rapaces:

Juan A. Antepazo (Voz)
Carlos Gandón (Guitarras)
Carlos Rodal (Baixo)
Loren Tevra (guitarras)
José M. Pedra (Batería)

Dispostos a facer música nos locais que naquela época eran berce do Rock na comarca do Morrazo. O grupo comeza a súa andaina en múltiples salas e festivais presentando ao público o seu repertorio e compartindo escenario cos grupos mais influentes da escena Nacional do momento. Froito desas xiras e concertos xorde o encontro co produtor Madrileño Alfredo Garrido, figura clave no nacemento discográfico da banda.
En 1988 grávase “Onde se Hospeda o Pasado” nos estudos Musitrón de Madrid aínda que o vinilo non sae á luz ata 1990. Nove temas forman este primeiro longa duración da banda que serve de toma de contacto coa crítica especializada, entre os que se destacan “Alma de Rock” e a apaixonada “Estando Lonxe”. Cabe destacar que nese ano o grupo queda finalista no concurso Pop-Rock Gordons, organizado por 40 Principais,celebrado na discoteca Oh Madrid,o que lles axuda a tocar no programa A quinta marcha, de Telecinco.

O segundo proxecto discográfico chamado “Respirando” nace da man de José M. Tasende en 1994, gravado nos Estudos Cormorán . Acollido por diversos cronistas como un dos mellores discos de Hard Rock Melódico Nacional, presenta temas como “Pensando en Ti” e “Hoxe as Aprendido a non Queixarche”.

En 1996 o seu terceiro traballo en estudo “Aposta e Gana” grávase novamente nos estudos Corvomorán  onde se inclúen por primeira vez dous temas en Gallego. Rádio Televisión de Galicia outórgalles o premio ao “Mellor tema do ano” no ano 1998 da man de Xosé Ramón Gayoso coa versión do Clásico Poema de Rosalía de Castro ” Airiños, Airiños,Aires”.

É en 1999 cando unha proposta experimental do seu produtor Alfredo Garrido lévalles a gravar un disco conxunto con “Refrescos” recibindo o título de disco oficial do Xacobeo ’99. Este disco foi gravado nos Estudos Areamaster (Vigo) e conta con temas como “A Santiago vou” ou “A Rianxeira” en versión Astarot que lles levarían a pisar varios estudios de Televisión e participar en grandes eventos. Cabe destacar entre eles o celebrado no Auditorio Castrelos de Vigo nese mesmo ano tocando para máis de 15000 persoas compartindo escenario con “A Orella de van gogh” ou no Estadio de Balaídos no 75 aniversario do R. C.Celta co guitarrista Carlos Santana e o Grupo Milladoiro interpretando a obra musical “Suite Celeste”.

No ano 2000 chegaría o Quinto traballo en estudo “Ou Sentir dunha Terra” no que Astarot fai unha homenaxe ao mundo da Cultura Galega,sen dúbida o disco de consagración do Grupo “. Temas como “Negra Sombra”; ” Lela” ou “Maria Soliña” namorarían a un público fiel. Este disco foi  gravado nos Estudos Areamaster (Vigo) e conta con colaboracións especiais como Suso Vaamonde, Os Tamara, Mini (A Quenlla), Susana Seivane, Fuxan vos Ventos, Javi ( Heredeiros dá Crus), Saraibas ou Xocas. En 2005 Gravarían nos Estudos do propio Carlos Gandón (Cangas do Morrazo) o Sexto traballo discográfico ” Longa Noite de Pedra” onde se grabarían  Poemas de Grandes Autores Galegos como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Baldomero Iglesias, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Castelao ou Darío Xohán Cabana. A presentación destes dous discos alongaríase no tempo grazas ao éxito rotundo das súas cancións chegando durante anos a realizar multitude de galas,concertos e estudios de Televisión ao longo de toda a Xeografía Galega. Entre centos de actuacións cabe destacar a realizada en 2012 na Praza dá Quintana en Santiago de Compostela compartindo cartel con Budiño .

En 2013 o grupo lanza un novo disco chamado “Sétimo Pecado” . Este traballo supón a aposta definitiva do grupo polas composicións propias sen deixar de lado as homenaxes á Cultura Galega. Sétimo Pecado é apoiado con colaboracións de xente como Rosa Cedrón ou Joaquín Padilla, gravado nos Estudos Musitrón (Madrid) baixo a produción de Jose Luís Garrido .A presentación do disco faise  en agosto dese mesmo ano na súa  Terra natal, Cangas do Morrazo ante mais de 15000 persoas nas Festas do Cristo volvendo repetir escena no ano 2014 gravando un DvD en directo ” Proxecto fusión” onde o grupo fusiónase coa Banda de música ” Belas Artes” e a coral ” Lestonnac” cun total de 73 músicos no escenario interpretando os clásicos que Astarot leva por bandeira nos seus concertos chegando a un cheo absoluto con 18000 espectadores . A xira de presentación de “Sétimo Pecado” comprende desde a saída do disco ata 2017 pisando grandes escenarios e compartindo cartel con Artistas como Luar na Lubre,Os Suaves, Os Segredos, Seguridade Social, Anxo Lorenzo e un longo etc .

En 2017 chega o novo traballo discográfico “Unha Vida nun Segundo” . Neste novo disco o grupo aposta pola fusión do Rock e a Música Clásica fusionados cunha Orquestra de Cámara de máis de 70 músicos , 13 temas inéditos e 8 Clásicos Galegos forman este novo Dobre CD que é Gravado de novo nos Estudos Musitrón de Madrid baixo a Produción de José Luís Garrido e conta coa colaboración de Alberto Cereijo (Os Suaves) e cos arranxos orquestrais de David Moreira . Sen ningunha dúbida este traballo é o maior proxecto discográfico de ASTAROT ata a data .

 

 

 

 

 

 

 

 

[FGAL id=3827]

FESTIVAL DE PARDIÑAS: Feria e Festa da Música e da Arte

Historia do Festival de Pardiñas

Finlandia, Italia, Rusia, Cuba, Portugal, Irlanda… Poderiamos estar falando da volta ó mundo, pero non. Facemos referencia ás distintas nacionalidades dos grupos que levan pasado polo Festival de Pardiñas ó longo da súa historia.

Foi alá polo 3 de agosto do 1980 cando a Asociación Cultural Xermolos inaugurou un dos seus proxectos máis cobizosos: o Festival de Pardiñas. Nesta primeira edición déronse cita SaraibasMaría ManuelaXoán RubiaXosé Ramón Eiriz e os grupos de Gaitas e Danzas Agarimo de Ferrol.

A esta primeira experiencia seguíronlle novas convocatorias, nas que, ano a ano, se tentou incorporar novidades para mellora-la calidade do Festival de música tradicional con máis edicións ininterrumpidas no seu haber. Polo escenario de Pardiñas pasaron grupos e gaiteiros galegos de recoñecido prestixo, coma Na LúaMilladoiro ou Xosé Manuel Budiño.

Tamén figuras doutros pobos, coma Kepa Junquera ou os madrileños La Bruja Gata. E por suposto, grandes artistas internacionais, coma WolfstoneKalinkaSolas ou Värttina. Pero sobre todo ducias de asociacións culturais que, coma Xermolos, loitan porque non se perda a tradición galega. Sirvan como exemplo AgarimoAiriños de FeneDonas e GalánsReviravolta… O propio Grupo de Gaitas de Xermolos leva varios anos abrindo o Festival, para darlle a benvida a tódolos que un ano si e outro tamén se pasan pola terra de Pardiñas o primeiro fin de semana de agosto.

A afluencia da xente e a imposibilidade de concentralo todo nun só día fixo que se alongase outro día máis con actividades como a mostra de instrumentos de música tradicional, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos.

Aínda que falar de Pardiñas nos leve a pensar inevitablemente na música, non é o único que se pode atopar. Conxuntamente coa primeira edición do Festival outorgáronse os primeiros Premios Guitiriz de Pintura, Escultura, Fotografía e Cerámica, e tamén se coñeceron os primeiros galardoados no Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil. Coas obras presentadas a ámbolos dous certames organízase unha pequena exposición na vella Escola de Pardiñas durante os días do Festival.

“Pasou o día e pasou a romería”, este dito popular non cómpre para o Festival de Pardiñas que deixa marcados os corazóns e os corpos dos que cada ano se mergullan neste universo da natureza, a mùsica, as artes, a amizade… A súa chegada é o clìmax dun proceso de proxectos, preludios, soños, desexos, de moitas persoas… E aínda co Festival aconteza mollado coma oubo algunha edición, a satisfación acadada é plena, porque Pardiñas endexamais decepciona. Créase unha comunicación intensa entre os que participan no Festival. Ninguén se sinte á marxe; neste evento musical todas e todos son actores, creadores, protagonistas da súa ollada estética. A voráxine artistica orienta dende a chegada a voluntade dos festeiros para compartir o mellor que somos e temos.

Por iso, Pardiñas refuga as concentracións masivas que impiden o trato espontaneo e libre entre os que deixaron por un tempo a rutina cotiá e viaxaron a esta fervenza de vida e arte. Pardiñas acadou o corpo a corpo do espírito creativo dos afecionados ás artes, á natureza, á artesanía, nunha lenguaxe directa que prende desa quimica que está a imbricar ás persoas nun ambiente de correspondencia mutua.

Cada festival ten a súa identidade, os seus apelidos ou alcume, este é a “Feira e Festa da Música e da Arte” que se multiplica como a vida en moitos tempos e espazos, aí están as XXV mostras, non só da música, tamén da artesanía, das exposicións na “Casa das Artes”: Pintura, Escultura, Fotografía Cerámica, o debuxo infantil, a poesía, a narrativa, a feira dos libros, o pregón a cargo dunha escritora ou escritor…, e o plato máis mimado: a Mostra de Artesanos de Instrumentos de Música Tradicional que convoca a Asociación de Gaiteiros Galegos. Pardiñas foi pioneira en Galiza nestes eidos, por exemplo, na artesanía.

Xermolos sabe da complicidade de miles de festeiros e festeiras en moitas vilas e aldeas que están dispostos a axudar e sobre todo a contaxiar esta ledicia. Centos de correos electrónicos e chamadas telefónicas de Galiza e de fóra van quentando un ambiente e sobre todo empurrando ós organizadores a traballar arreo para que cada edición entre polos sentidos ós convidados a facer festa, antes creando expectativas e urxindo unha boa programación, despois compartindo e celebrando a comuñón acadada. Cada ano sorprendenos o entusiasmo de festivaleiros que chegan de moi lonxe, no 2004 esas ducias de veciños de Mallorca acompañando a un grupo ou dúas mozas de Australia e Nova Zelanda que viaxaron dende Londres contaxiadas por unhas compañeiras daquí.

Neste contexto os 30 anos de Pardiñas foron un momento álxido, pleno, rebordante de experiencias. Cunha claridade meridiana poidemos disfrutar desta labarada de luz a través de varias achegas ou artigos que grupos e individuos fixeron chegar á Revista Xermolos, nunha entrega extraordinaria conmemorativa deste número significativo e máxico de festivais que foi dada a coñecer nesta data. Hai unha constante nestas análises literarias do festival, todas e todos cadran en que é un encontro totalmente humanizado gracias á boa convivencia que emerxe cada Festival no que non hai extraños e só amigos e compañeiros de viaxe.

Este pulo arrequentado cada edición é o que fai xermolar tanta actividade e iniciativa nos organizadores deste acontecemento cultural que xa no festival actual están a soñar cunha nova singradura, fronte a outras programacións amañadas e teledirixidas por uns poderes lonxanos á creatividade que non cesa ó longo dos meses. Xermolos ten que arriscarse cada festival economica, pero sobre todo imaxinativamente para manter este nivel de frescura e convocatoria…

O desenvolvemento en espiral do espirito creativo das vangardas culturais dos pobos e comarcas permite esta enerxía que estoupa cada Festival de Pardiñas. As mozas e mozos que levan adiante este fito traballan á intemperie sen os paraugas de subvencións e privilexios politicos ou económicos que crean imaxes de prepotencia, moito máis publicitarias que transformadoras da realidade. Xermolos curtido polas inclemencias de cada día non teme ás treboadas nin as turbulencias caprichosas dos que mangonean os recursos económicos do país, os impostos que pagamos todas e todos.

O que mantén vivo este acontecemento é a sensación dun festival que se converte nunha illa de liberdade nun mar rizado de conflictos, intolerancia, presións politicas e sociais. Cunhas lindes só marcadas pola contemplación dunha zanfoña, as formas das esculturas, as cores que reflicte a pintura, o arrecendo da gastronomía, o labor dos artesanos por arrancar tesouros da pedra, do barro, dos mimbres…, sempre ó ritmo da mellor música, todo convida á disfrutar a tope da beleza que se respira no ambiente do balneario.

Pardiñas só se ve acosados polos que teñen medo á liberdade e por aqueles que envexan o seu crecemento e profundidade coma esa sìntese emocional que condensa e templa os sentimentos máis transparentes que nacen das persoas.

Alfonso Blanco Torrado

 

 

 

 

 

[FGAL id=3736]

FESTIVAL INTERNACIONAL DO MUNDO CELTA DE ORTIGUEIRA

 

Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

 

No ano 1978, a Escola de Gaitas de Ortigueira, crea este festival, dedicado á música folk dos países celtas. Y hoxe en  día, 41 anos despóis, é o festival máis importante do xeu xénero, e de feito, desde o ano 2005 é declarado festa de interés turístico internacional. A zona do porto, convértese no epicentro do festival. Que demáis da música inclúe, artesanía, teatro e un sinfín de cousas máis.

Pero si na contorna portuaria pálpase o festival, no piñeiral e a Praia de Morouzos, sénte a vida,; baixo os arbores esténdese un territorio          “ Quechua” , un manto multicolor con corpos en transito permanente. E teño que recoñecer que é a miña debilidad, pois é un pequeno universo en plena natureza, cheo de rastas, tatuaxes, sacos de durmir e moi bon rolo.

Deixovos uns exempliños de hai dous anos.

 

 

 

 

 

[FGAL id=2534]

FESTIVAL DA LUZ

Froito da colaboración entre Luz Casal e  o Concello de  Boimorto , naceu en 2012, o festival da luz. Na súa terra natal e con fins benéficos celébrase cada ano, este festival no que non só hai música, senón gastronomía,  teatro, actividades para nenos e arte en xeral. Entón, ano tras ano veñen persoas de todas as idades, familias, mozos, persoas maiores, todas teñen un lugar alí. Eu vou todos os anos e, ademais da música, fotografei a atmosfera e a parte máis humana do festival. Déixovos unha pequena selección.

[FGAL id=2433]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies