Declarado Parque Natural en 1997, a zona protexida comprende unha área moi extensa de 9.000 hectáreas en torno ao propio curso do río Eume.
Estas fotografías foron realizadas ao longo do roteiro que vai desde o Centro de Interpretación ata o Mosteiro de Caaveiro; nelas podemos comprobar o penoso estado da estrada na que transcorre dita roteiro.
Desde a Semana Santa de 2023, o autobús que salvaba os 7 quilómetros de estrada desde o Centro de Interpretación ata as inmediacións do Mosteiro de Caaveiro non está en funcionamento debido ao mal estado do firme.
Etiqueta: Fragas do Eume
Fragas que agochan segredos
Os camiños das Fragas do Eume conducen á historia agochada do noso pasado máis recente. Seguindo o curso do río, e dos pequenos regatos que acaban nel, pódense atopar lugares nos que se as árbores falasen, darían fe do acontecido e teriamos algo máis que vagas ideas que se confunden e mesturan. Foi nesta zona onde agardaron a Constantino e Pedro que viñan da festa, foi nesta zona onde finalmente apresaron a dous enlaces da Guerrilla e onde finalizaron os seus días. Mais será aquí onde sempre serán tamén lembrados, nunha fraga que este outono recibiu á súa familia co mesmo misterio de entón. Crúzanse as historias e non ten ninguén claro se viñan da Santa Mariña ou de onde. Se estaban sós, se alguén os denunciou… o único evidente é que foi aí, aí mesmo. Testemuña directa a dun home, José, que daquela puido ver un feito que o deixou marcado. Grazas a todos os homes e mulleres que fan historia viva. Constantino e Pedro, sempre na memoria.
[FGAL id=3848]
