Seguramente, cando vexamos estas fotos dentro de vinte anos, sorprenderanos o aspecto dos viaxeiros, todos coa máscara. Aos fotógrafos de rúa cústanos moito facer fotografía nestes momentos, porque a falta de visibilidade do rostro dificúltanos enormemente o labor, sobre todo se buscamos unha fotografía humanista, que nos conte cousas do ser humano, das súas emocións, do que sente. Aínda que por sorte a parte do rostro máis expresiva que son os ollos, seguen aí. Déixovos aquí unha pequena mostra
Etiqueta: mascaras
Máscaras
Despois dunha pandemia como a que acabamos de experimentar, (ou estamos a atravesar, porque aínda non sabemos como rematará), nos atopamos algunhas novidades como o uso de máscaras, que xa forman parte do noso día a día. E penso que pasarán unha boa tempada connosco. Facendo foto de rúa, escollín algúns exemplos.
[FGAL id=3743]
