A ARPA

A arpa é un instrumento de corda cun son distinto a calquera outro. O seu son embelece a música, moldéaa, agarímaa e transpórtaa a mundos fantásticos de trasnos, fadas, sereas, deuses etc. Tanto escoitar o seu son coma tocala é un privilexio, pois tranquilízanos e reláxanos con cada acorde ou arpexo.

                                                                     V. G. G. (13 anos)

IV FESTIVAL FOLK DE SISALDE

IV Festival Folk de Sisalde

A cuarta edición do Festival Folk de Sisalde consolídase como unha romaría interxeracional onde o bo ambiente, a música e a variedade de postos de alimentación e artesanías lograron reunir a máis de tres mil persoas.

Nunha contorna incomparable como é a fraga de Sisalde, o festival comezou ao mediodía e estendeuse ata preto das dúas da madrugada. A choiva rexistrada antes das principais actuacións musicais nocturnas non detivo a festa. Miles de persoas agardaron baixo unha enorme carpa situada fronte ao escenario para gozar dos grupos.

O ambiente deste festival é o dunha romaría interxeracional onde desde os máis pequenos ata as persoas máis maiores poden gozar.

Actuaron : Luar na Lubre, Astarot e D’Urria como grupos principais.

Neste festival tamén tocarán as bandas de gaitas de Abelladeira e de Vega de Espinareda, ademais da Asociación Xiradela e a Asociación Cultural Triskell. A Asociación Veciñal Cultural e Deportiva de Chamín-Sorrizo, xunto ao Concello de Arteixo e a Deputación, organizan este evento musical.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies