Pesca de baixura

A pesca de baixura ou artesanal é unha modalidade que se desenvolve  perto da costa e con pequenas embarcacións.  O seu obxectivo é fornecer peixe fresco diario aos mercados locais.

En Sada é unha actividade secular, xestionada de forma directa pola Confraría de Pescadores de Sada. A flota local especialízase maioritariamente na pesca de cerco e artes menores, extraendo diariamente produtos frescos e sostibles das rías e do caladeiro cantábrico.

Na flota pesqueira de Sada foron perdendo importancia os grandes arrastreiros, a favor das pequenas embarcacións artesanais, especialmente polas limitacións derivadas das Cuotas e as paradas biolóxicas, que reducen amplamente os períodos de pesca.

As saídas ao mar son dun só día, polo que as embarcacións non se alonxan grandes distancias da líña de costa. Utilízanse barcos de baixo tonelaxe equipados con técnicas e artes de pesca tradicionais ou selectivas.

A flota de baixura sadense destaca pola captura de peixe azul como a sardiña, que se pesca polo xeral mediante a arte do xeito. Entre as capturas cotiáns destacan o polbo e crustáceos tradicionais da zona, como a centola e, entre os peixes, a pescada, a faneca, o xurel e a robaliza.

Ao ser artesanal e de pequena escala, ten un impacto moito menor no ecosistema mariño. As capturas adoitan vendérense diretamente nas lonxas locais mediante subhastas, para garantir a máxima frescura.

Grazas a Rosa e mais Andrés “Pelouro” pola colaboración!

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies