O principio fundamental na FOTOGRAFÍA DA NATUREZA é que o respecto pola natureza e o benestar do suxeito prevalecen sempre sobre a obtención dunha fotografía.
- Prioridade ao benestar: A seguridade e a tranquilidade dos animais ou das plantas priman ante a obtención da foto. Deben evitarse o estrés, os danos ou a alteración do comportamento natural.
- Reflexo fiel da realidade: As imaxes deben amosar situacións naturais. En caso de fotografar especies en cautividade, manipuladas ou plantas cultivadas, débese indicalo.
- Coñecemento do medio: O fotógrafo debe documentarse sobre as especies e os seus ciclos vitais (épocas de cría, reprodución ou niñificación) para non interferir no desenvolvemento natural dos acontecementos.
- Respecto á fauna salvaxe:
-
- Traballar preferentemente con exemplares libres no seu medio.
- Non interpoñerse nunca entre os proxenitores e a súa descendencia, para evitar que as abandonen ou interrumpan a crianza da rolada.
- Non utilizar reclamos sonoros ou trucos para atraer os animais.
- Non achegarse demasiado a niños, tobas ou zonas de reprodución.
-
- Coidado da flora e do hábitat: Evitar manipular, arrincar ou alterar a vexetación ou elementos do terreo.
- Prohibición de traslados: Non se deben capturar animais ou plantas para traslocalos a outro lugar, salvo excepcións científicas moi xustificadas e autorizadas.
- Responsabilidade legal e permisos: Obter sempre as autorizacións necesarias cando se traballa en espazos naturais protexidos ou propiedades privadas.
- Honestidade informativa: Non ocultar manipulacións excesivas de edición que alteren a verdade biolóxica ou xeográfica da escena.
Estas imaxes foron tomadas a unha distancia segura do niño e dende un agocho camuflado, para evitar a alarma e o estrés dos animais.
Non se cita a localización por seguridade e evitar o expolio de ovos ou crías.
