FotoZen 4

Pousar a ollada ao chou, perceber o arredor.
Mente en branco:
Contemplar, descubrir, observar, deprender, disfrutar.
Fluir no tempo, fluir co tempo.
Levar canda un a bagaxe de sensación, o fardel das experiencias.
As imaxes na retina e nalgures do proceloso sarillo neuronal.
Tí es as tuas experiencias. Ti es as tuas lembranzas.

FotoZEN I

Pousar a ollada ao chou; perceber, mente en branco, o arredor.

Contemplar. Descubrir. Observar. Deprender. Disfrutar.

Fluir no tempo. Fluir co tempo.

Levar canda un a bagaxe de sensacións, o fardel de experiencias;

as imaxes na retina.

Tí es as túas experiencias.

Es as túas lembranzas.

 

 

Porto da Coruña 2, Refrexos.

Nos tempos nos que o porto da Coruña non restrinxía o paso aos peóns, aproveitaba eu para pasealo demoradamente e, ao tempo, apreixar no “caixón escuro” canto atraía a miña atención. Entre moitas outras cousas, chamábanme os xogos de lus e cor na auga, dos que estas imaxes son unha pequecha mostra. Trátase de imaxes dixitalizadas a partires das vellas diapositivas, algunhas delas afectadas polos fungos que tanto temíamos… así que, habedes perdoar as chatas que amosan!

 

 

Porto da Coruña 1, Refrexos.

Nos recuados tempos nos que o porto da Coruña era accesíbel aos peóns, aproveitaba eu para pasealo demoradamente e, de paso apreixar, no “caixón escuro”, canto chamaba a miña atención daquel entorno tan querencioso para mín. Entre moitas outras cousas chamábanme os xogos de lus e cor na auga, dos que estas imaxes son unha pequecha mostra.

Son imaxes dixitalizadas a partires de vellas diapositivas, algunhas delas afectadas polos fungos que tanto temíamos… así que, habedes perdoar as chatas que amosan!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies