Retro Retratos 2

Retratos fuxidíos. Retratos de esguello. Instantáneas roubadas nun xá remoto pasado, entre 1978 e 1980, de compañeiras (e -ros) da vella Escola de Belas Artes de Madrid. Imaxes, xá que logo, enchoupadas de saudades e lembranzas (algunhas delas “defectuosas”, en realidade como calquera lembranza, pois non lembro todos os nomes!).

Imaxes dun tempo de fronteira vital (final da andaina académica) e política (a chamada “transición democrática”). Tempos, en todo caso, de esperanzas e ilusión, por riba de calquera outra consideración.

As imaxes orixinais foron realizadas con diapositiva na miña Asahi Pentax Spotmatic II “todo manual”, e dixitalizadas muitos anos depois. Salvéi as imaxes salvábeis, ou sexa, as que sobreviviron, mais ou menos decentemente, a couza do tempo.

Que vos presten, que gostedes…

“Créditos”: 1. Marisa Bajo, Nélida Nalda / 2. Paloma, Gabriel / 3. Javier Rguz, (?)/ 4. Nines, Nono Bandera / 5. Carmen, Ángeles / 6. Javier R., Ángel R., Jesús / 7. “Espontáneos” / 8. Víctor Aparicio “Coyote” / 9. Bernardo Casanova / 10. Ángel R. Izarra / 11, 12. Nélida Nalda / 13. (?) / 14. Almudena de Luís King / 15, 16. Paloma.

 

 

Retro Retratos 1

 

Retratos fuxidíos. Retratos de esguello. Instantáneas roubadas nun xá remoto pasado, entre 1978 e 1980, de compañeiras (e -ros) da vella Escola de Belas Artes de Madrid. Imaxes, xá que logo, enchoupadas de saudades e lembranzas (algunhas delas “defectuosas”, pois non lembro todos os nomes!).

Imaxes dun tempo de fronteira vital (final da andaina académica) e política (a chamada “transición democrática”). Tempos, en todo caso, de esperanzas e ilusión, por riba de calquera outra consideración.

Salvéi as imaxes salvábeis, ou sexa, as que sobreviviron, mais ou menos decentemente, os embates dos tempos. As imaxes orixinais foron realizadas en diapositiva ou negativo na miña Asahi Pentax Spotmatic II “todo manual”, e dixitalizadas muitos anos depois.

Que vos presten, que gostedes…

“Créditos”: 1, 2 José Luís (?) / 3, 4 Nono Banderas / 5, 6 Mario (Argentina)/ 7, 8 Nélida Nalda / 9, 10, 11 Marisa Bajo Segura / 12 Irmás… / 13 Javier Rodríguez Rodríguez / 14 Lucía… / 15 Almudena De Luís King

 

 

 

CONCERTO DE EUROPE

 

 

   CONCERTO DE EUROPE EN ORDES (2011) 
Nunca sabes o que podes atopar cando volves ver aos que foron os ídolos do rock de fai 20 ou 30 anos. Pero no caso de bandas como Europe as dúbidas despéxanse deseguido: equivócase quen deixou de escoitarlles despois do éxito do álbum ‘ The Final Countdown’. O seu potentísimo directo demóstrao.

Joey Tempest cortouse os rizos; vale. Tampouco ten xa, por suposto, a mesma cara de neno coa que conquistou o mundo enteiro naquel tempo do boom comercial do grupo. Pero segue movéndose igual polo escenario. E actuando co mesmo entusiasmo, a mesma enerxía -e as mesmas piruetas co micro de pé-.
A conexión co público foi inmediata no concerto que os suecos ofreceron no festival Brincadeira, en Ordes, (A Coruña).
Europe deron aos seus entregados seguidores -de todas as idades, moitos demasiado novos para ser uns nostálxicos dos 80-, moito máis que música daquela década.
Comezaron con ‘ Last Look at Eden’, o tema que dá título ao seu polo momento último disco, -do 2009-, pois xa anunciaron que en outubro comezarán a gravar o seu novo traballo. Pouco despois veu xa ‘ Supertitious’, o maior hit do álbum ‘ Out of this world’, (1988). Non hai por que negar, con todo, que os máis coreados foron os de ‘ The Final Countdown’, (1986): ademais do famosísimo homónimo, ‘Carrie’, ‘ Cherokee’ e ‘Rock the Night’.
A complicidade dos miles de persoas que abarrotaron o recinto do Brincadeira gañoulla Joey Tempest desde o primeiro momento, animando a todo o mundo a saltar, a cantar… En diversos momentos do concerto fixo fotos co seu móbil, e mesmo pediu prestada uns instantes a cámara que os estaba gravando. Dixo algunhas frases en castelán e en galego, o cal levantou aínda máis ardor -que gañou con fartura ao orballo que caía-.

Pero o cantante non se dedicou tampouco a acaparar a atención todo o intre. Houbo tempo para os sós de guitarra ou batería. Ian Haugland estaba de aniversario e Tempest encargouse de facerllo saber ao público, que cantou os correspondentes aniversarios felices. Foron frecuentes os cambios de instrumentos e Joey tocou a guitarra nalgúns temas.

Nas pouco menos de dúas horas que durou o espectáculo, Europe foi repasando distintas épocas da súa discografía. Do último álbum soaron, ademais da citada, outras cancións como ‘New Love in Town’ ou ‘Non Stone Unturned’. De ‘ Wings of Tomorrow’, do 84, ‘ Scream of Anger’. De ‘ Prisoners in Paradise’, de 1991, ‘ Seventh Sign’… Deste xeito púidose lembrar facilmente a evolución musical do grupo, xa menos partidario das teclas que en ‘ The Final Countdown’.

Pero hai cousas que non cambian. O negro -combinado cun toque de gris- do vestiario dos membros do grupo. O signo dos cornos tan propio do heavy que podía verse en moitas mans do público -xunto aos móbiles alzados cada dous por tres-. Ou a vestimenta de parte dos seguidores de Europe: a camiseta co nome da banda, os pantalóns axustados… Un paseo polo pobo antes do concerto deixaba ben claro de que ía a cousa.

Europe tivo que terminar para dar paso ao seguinte grupo: E fíxoo, como non, con ‘ The Final Countdown’.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies