Viaxe á Alpujarra

¡Ay! Alpujarra, Alpujarra.
Qué grandes son las estrellas mas grandes
Los corazones olé y viva Gerald Brenan.
Cierro los ojos y te siento aunque de ti yo
Esté lejos. ¡Ay! Alpujarra, Alpujarra,
¡ay! Alpujarra… Yo te voy a cantar de
Lo jondo de mí y con palabras del pueblo.
Tú te fuiste Sultán de la Cencia llustrá.
Un trovero alpujarreño. Y te voy a
cantar regorviura, prenda, algarabitos y
balate, menda, capuana, jamucuco, olé
y de trabuco: ¡Viva tu madre!

Do Pasodoble Torero a Gerald Brenan, de Carlos Cano

https://www.letras.com/carlos-cano/1883466/

 

Viaxes no Tempo: 1993 Camiño de Santiago

Nun outro exercício de saudade, nunha outra reviravolta no tempo e no espazo, recuamos á viaxe onde percorrimos parte do Camiño de Santiago, aló no lonxano 1993. Só van aló uns trinta anos!

Vai unha pequena escolma de insta´ntáneas que preservan anacos desa memoria parcial coa que imos mantendo a coherencia do que somos.

 

 

ALGARVE

ALGARVE

Rexión en Portugal O Algarve, a rexión máis meridional de Portugal, é coñecido polas súas praias mediterráneas e os seus centros turísticos de golf. As aldeas pesqueiras encaladas nos cantís baixos, con vista ás caletas de area, transformáronse na década de 1960 e agora a súa costa central entre Lagos e Faro está bordeada de vilas, hoteis, bares e restaurantes. A costa do Atlántico no oeste da rexión e o escabroso interior están menos desenvolvidos.

Viaxes no Tempo: 1989, Estrasburgo

De novo un chimpo no tempo, a desempoeirar no arquivo da memoria, a mexer nas acordanças xá lonxanas. Desta volta en Estrasburgo (Strossburig en alsaciano, Strasbourg en francés), na Alsacia, capital da Rexión administrativa do Baixo Rin (o centralista Estado francés suprimíu toda referencia ás entidades históricas, renomeándoas e variando as división administrativas, co gallo de favorecer a idea do Estado-Nación ou “Nación única”. No breve reinado de Pepe Botella tiñan o mesmo proxecto para implementar na Península Ibérica).

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies