A pesca de baixura ou artesanal é unha modalidade que se desenvolve perto da costa e con pequenas embarcacións. O seu obxectivo é fornecer peixe fresco diario aos mercados locais.
En Sada é unha actividade secular, xestionada de forma directa pola Confraría de Pescadores de Sada. A flota local especialízase maioritariamente na pesca de cerco e artes menores, extraendo diariamente produtos frescos e sostibles das rías e do caladeiro cantábrico.
Na flota pesqueira de Sada foron perdendo importancia os grandes arrastreiros, a favor das pequenas embarcacións artesanais, especialmente polas limitacións derivadas das Cuotas e as paradas biolóxicas, que reducen amplamente os períodos de pesca.
As saídas ao mar son dun só día, polo que as embarcacións non se alonxan grandes distancias da líña de costa. Utilízanse barcos de baixo tonelaxe equipados con técnicas e artes de pesca tradicionais ou selectivas.
