A mediados dos anos 50 comezou a fraguarse a idea de organizar unha regata internacional de grandes veleiros. A idea era reunir a grades navegantes xunto con cadetes e mariñeiros adestrados para a ocasión. En 1956 estableceuse o comité de regatas da “Sail Training International” e realizouse a primeira regata entre Torbay (Reino Unido) e Lisboa (Portugal).
A pesar do posible fin da era da navegación a vela, desde entón e durante décadas seguíronse construíndo os coñecidos “Tall Ships”, grandes e pequenos veleiros de vela que se converteron en “Sail Training” (Veleiros de adestramento). Desde que en 1956 uns 20 grandes veleiros partisen do porto de Torbay, hoxe son mais de 100 os que se chegan a congregar nas regatas e travesías das “Tall Ships Races”